12 septiembre, 2008

A HORA DO CAFÉ

Por fin é venres, son as 10 da mañá, xa levo dúas horiñas na oficina, dende as oito. Acabo de sair a por un café, teño ainda todo o día por diante, as dúas irei a comer, volverei as catro para traballar toda a tarde, agardando que cheguen as oito como auga de maio. Parece que cun café ben quentiño vense as cousas de outra maneira, sobre todo en setembro que tan cedo xa empeza a facer fresco.



E así estaba eu, tranquilamente disfrutando do meu café, incluso non había moito movemento na oficina, nin moitas chamadas, así que, a punto estaba de publicar este mini post, cando chegou correndo un dos meus jefes, explicando que un dos nosos traballadores acababa de ter un accidente laboral. Rematouse a tranquilidade, xa que tiven que levar ao pobre home a Mutúa cunha man feita un cristo por clavarse un ferro mentres encofraba.
¿En que estado tes que chegar a unha Mutúa para que te atendan a primeira?. Ademáis eu iba con él, podíame quedar ca rapaza explicándolle o parte, pero non ter ao pobre home alí fora cunha dor espantosa, aguantando a unha tipa de cara larga facendo as mesmas preguntas que viñan no papel a unha velocidade de caracol.

4 comentarios:

Greca dijo...

A min que alguén me explique para que son as Mutuas porque non o entendo. Ti cotizas á Seguridade Social pero cando tes un accidente no traballo, en vez de ir alí tes que ir á medicina privada, como moito podes ir ó hospital por urxencias e despois vas dun lado para o outro ás clínicas privadas que che manda a Mutua (ademais dos meus prexuízos contra a sanidade privada, fíome máis da profesionalidade dos médicos do Sergas). Non o comprendo. Ademais parece que para o único que están é para darte de alta o antes que poidan.

paula dijo...

Sigo diciendo que mi café esta mas bueno currilleando en mi casa,a que si loca?

vintxuca dijo...

Pues si, el café de Pau está más rico que el de la oficina y además estar ahí tomándolo significa que es fin de semana y no luneeeees!!!!

Anacardo dijo...

e ademáis é con chupito!