08 septiembre, 2008

A PERRIANA

Esta noticia non saiu na Voz de Galicia, como a da serpe, é extraida directamente de Radio-patio.

Radio-patio é unha emisora eumesa a cal so teñen acceso os máis privilexiados. A reporteira máis coñecida é unha señora con graves problemas psicolóxicos, a cal chamarei "A PERRIANA" (para os que non sexades de Pontedeume, aquí perriana significa neno ou nena, que bota todo o día tirado pola rúa, sen que os pais lle presten atención e relacionandose unicamente con outros nenos na súa mesma situación)
Neste caso trátase dunha señora neurótica, que pasa o día na rúa ou colgada do teléfono, sen facer máis nada que falar da vida da xente, poñendo especial interés nas desgrazas alleas.

Para poñervos en situación direivos que o seu fillo máis vello, xa fai anos, nunha ocasión, na que nevou, cousa bastante rara por estes lares, colleu unha mesa do instituto ao que íbamos e tirouse pola fiestra pensando que podía facer un trineo, outra cousa que lle encantaba era pegarse con todo o mundo cada vez que tiña a ocasión. A filla tiña no facebook unha foto súa en roupa interior de coiro. Son unha familia un tanto peculiar, pasan o día berrando e insultandose entre eles, sobre todo a "Perriana". Encantaríame poder dicir que é unha especie en perigo de extinción e que quedan poucos exemplares de ese tipo, pero por desgraza esta muller ten unha especie de pandilla cas que sae todos os días a facer "vilanchismo" e a que máis e a que menos....

Pois ben, a cousa comenzou cando "Perriana" apareceu de súpeto, rápida como un virus, na casa dos pais de Vacorinho, toda disposta e con esa lingua de serpe velenosa para felicitalos porque ían ser avós. Aquí cabían dúas posibilidades pero rapidamente descartou as opcións de procreación da Greca e o embarazo caeu directamente sobre min.

A "Perriana" aeguraba ter información de primeira man, chegada duns amigos dos meus pais, pero estaba algo desconcertada, porque segundo asegurou, parecíalle raro que a nai de Vacorinho, ante tal noticia, non se acercara ata a súa casa a contarllo. Estes pensamentos demostran o cerebro de mosquito que ten algunha xente.
Así que xa lle temos nome, chamarase Manolito. O nome púxollo a súa futura madriña e tía en cuestión, a Greca, o sábado pola noite, celebrando o acontecemento do que eu non tiña nin a máis remota idea, menos mal que teño a "Perriana" para darme as boas novas. O caso é que Manolito é tan intelixente que aínda que so estou de catro meses, xa sabe leer, escribir e incluso fai ecuacións de primeiro e segundo grao. O próximo, bautizareino como boa cristiana que son e a súa madriña será Sabeliña, a miña irmá, o neno chamarase Joel, en honor ao meu cantante favorito e intentarei por todos os medios metelo na escola de "Peleteiro" (en Santiago) seguindo o exemplo de "Perriana" cos seus fillos.

4 comentarios:

madre no hay más que una dijo...

que alguén me explique por que se descartaron automáticamente as posibilidades de procreación da Greca

Ana dijo...

jajajajaja! qué bueno! yo que soy de pueblo, tb he vivido cosas así: mi hermana ya se ha casado unas 12 veces, a razón de una por año que lleva con su novio de toda la vida, y a mi madre una vecina fué a preguntarle a la puerta a ver por qué no le contaba que su hija pequeña tenía novio, cuando le habían dicho que todas las mañanas me recogía un coche gris conducido por un chico guapo para llevarme a la facultad....y yo,de imbécil, cogiendo el bus todos los días! si lo llego a saber, espero en casa a que me recojan!:D

PD:ya avisarás cuando sea el bautizo!

vintxuca dijo...

Descartounas a serpe esa para meterme a min o marrón , ninguén máis descarta que os grecos podan darme uns sobriños fermosos e repoludos que teñan mascotas como Cosme ou Cariñoso....

asen á raiola dijo...

ja, ja, ja ja non podo parar de rirme desde o comezo ata o final en todos os sitios hai unha perriana. de coña o asunto eh! a min tamen me falaron de cosme e cariñoso, moi bo vintxuca, toma o testigo de pollosa ca perriana e informanos de todo o que acontece en radio patio