28 noviembre, 2008

A MEMORIA HISTÉRICA

Hoxe mentras tomaba o café das oito menos cuarto da mañá, leín no xornal que Ferrol, cidade natal de Franco, retíralle os títulos de Alcalde Honorario, Fillo Predilecto e Medalla de Ouro cos que contaba.

A iniciativa foi debatida nun pleno municipal do Concello de Ferrol e contou cos votos do PSOE, IU e o BNG sin embargo os grupos do Partido Popular e Independientes por Ferrol abstiveronse da votación, porque non lles parece ben tratar temas do pasado, cando o importante son o presente e o futuro.

Parece mentira que no 2008 sigamos debatindo estes temas, que si quitamos unha estatua de aquí, ou cambiamos un nome dunha plaza alá.

Franco foi un dictador, privou de liberdades e impuxo o seu pensamento fascista. ¿Que é o que hai que debatir? A estas alturas xa non debería quedar ningún Hospital Juan Canalejo, ningunha Plaza Millán Astray e ningún título de ningún tipo a ese señor, unicamente o de Fillo de.. (de calquera cousa menos Predilecto).

1 comentario:

albixoi dijo...

Completamente de acordo co teu razoamento. Se ben, actos deste tipo lémbrannos que aínda hai centos de lugares con rúas Generalísimo e demais camarilla feixista.