Ó MEU EX XEFE "O SEÑOR ALMEHA", E A MOITOS OUTROS.... CON TODA A FORZA DOS MEUS PULMÓNS:
31 diciembre, 2008
19 diciembre, 2008
FUN, FUN, FUN...

Re
Ana
Paula
Azucena
Oscar,Zaida
Marisol,Teresa
Carlos,Adela,Migui
Ame
Rubén,Iria.L,Carmen,Maru
A Greca,David,Libunca,Vegby,Oli
Rocio,Silvia,Petruskas,Alba,Sabela,Gazania
Ali
Marta,Antón,,Pepe,Rafa,Claris,Patética,Loilcasia
Pablo,Sandra.Q,Sandra.L, Jes,Corredoira,Vacorinho,Merce
A Doutora
Hasta la Coronilla,Galega na Varanda,Forragaitas,Asen a Raiola
Suso,Aquino,Bimba,Nalha,Senhor,Bertiña
A Cova do raposo
Madriña,Albixoi
Pementinhos
A TODOS OS AMIGOS BLOGUEIROS E NON BLOGUEIROS, FAMILIARES, DE PRETO E DE LONXE... MAÑÁ COMENZO AS VACACIÓNS!!!!! (DESPOIS DE DAR ENVEXA...) BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO. BICOS E APERTAS.
VINTXUCA.
Etiquetas:
fun fun fun
18 diciembre, 2008
DEZ ANOS DE TRABALLO
Onte fun ó concerto de Silvia Penide, no Teatro Rosalía de Castro.Grabouse un DVD para celebrar os dez anos de Silvia no mundo da música.
Como cada unha das veces que a escoitei cantar, quedei de novo con ganas de máis.
A noite da estrea do primeiro docu da miña prima, ó que Silvia puxo banda sonora, alucinei co seu directo, e dende aquela sigo alucinando, especialmente cando canta "grande gigante".
Bo plan para un mércores que pintaba igual que todos os mércores da semana, bueno e que os martes, e que os xoves... os venres non os meto no saco porque mellora a cousa e os luns son infernais só por ser luns, así que tampouco contan.
Etiquetas:
Música
15 diciembre, 2008
Proba de que unha imaxe vale máis que mil palabras...

Sei que levo uns días de choromicas, queixandome das miñas penas, pero estas imaxes de onte, fixeron que o meu espiritu maléfico asomara de entre as tristezas, e botara unha gargallada grande coma un mundo.
¿Fun eu a única que estaba desexando que o periodista iraquí, atinara e lle dera un zambombazo en todo o cabezón a ese impresentable?......Penso que non.
Etiquetas:
no lo tolero
BÁGOAS

O venres díxonos o veterinario que tíñamos que volver a operar a Bimba canto antes, a ferida abríuselle por dentro e o intestino estaba saíndolle para fora polo buraquiño e que por iso tiña a barriga tan abultada. Tamén nos dixo que en 17 anos que levaba traballando como veterinario, esterilizando 20 gatas ó ano, esta era a segunda vez que lle pasaba unha cousa así, tivo que tocarnos a nos.Así que, o sábado levámola de novo. A razón pola que se lle abriu a ferida foi por facer un esforzo despois de operala, por dar un salto grande ou intentar subirse a algún lado.
A solución que tomou foi non darlle nada para a dor, para mantela quieta, así que imaxinade a pobre como pasou o día. Berraba tanto que acabou por receitarnos apiretal, do que se lle da ós bebes, tíñamos que darlle de beber cunha xeringa, e estar ó seu lado porque se te poñías en outro sitio a moi rabuda intentaba erguerse para estar a túa beira.
Hoxe confirmáronme as vacacións dende o 20 de decembro ata reis, o sábado chega a miña irmá de Sheffield e Bimba mellora, así que polo meu caracter, debería estar tola de felicidade, sin embargo, teño unha inquietude que me percorre o corpo de pes a cabeza e que non me deixa estar tranquila, non sei, esperemos que acabe pasando porque de tanto morder as unllas vou quedar sin elas.
Etiquetas:
Bimba
09 diciembre, 2008
DE VOLTA Á REALIDADE
A viaxe a Salamanca, foi curta pero intensa.
Atopei a dichosa ra da sorte, tomei o viño con xamón preto da praza maior, visitei a casa das cunchas e a Universidade.
Estamos de volta, na oficina, imaxinando xa a próxima escapada.
Etiquetas:
coñecendo mundos
04 diciembre, 2008
02 diciembre, 2008
Concerto de Krakovia
Vacorinho levaba tempo convencéndome con tres bos argumentos.
O primeiro que me dixo foi que me ían gustar, xa que soaban tipo pop-rock ochenteiro, cousa que teño que recoñecer que me encanta.
O segundo argumento que empregou, foi que lle daban dúas entradas de balde, porque conseguira acreditación para a súa reportaxe.
E por último, puxo cara de mágoa e dixo que me levaba para que lle fixese as fotos do concerto.
Ainda así, o venres cheguei baldada a casa, despois de 10 horas de traballo, senteime un rato no sofá, fora chovía moitísimo, o que menos me apetecía era sair da casa, e máis tendo en conta que o concerto era as 12 da noite, pero hai que ter palabra e ademáis ía cear no mexicano que tiña tantas ganas de probar. Asi que, collín o abrigo e a bufanda de la e alá me fun.
Se ides ó mexicano tomade de postre un "cielito lindo", está de morte.
O concerto comenzou a unha da mañá e se queredes unha crítica musical, idevos a Malas Músicas, que para iso está, eu non lle vou facer a competencia.
So dicir que me encantou, escoitei algunhas cancións ó día seguinte e non teñen nada que ver, no concerto meteron moita máis caña, no disco soan moito máis melódicos e moito menos psicóticos.
Así que, se tedes a oportunidade de ir a velos, non a perdades é todo un espectáculo.
Tricia Takanawa, case morta pero contenta, dende o "Playa".
Etiquetas:
Música
01 diciembre, 2008
Hoxe operan a Bimbiña
As dúas da tarde operan a miña pequena, xa sei que non pasa nada, así que non me vou a poñer dramática, pero a pobre está desesperada porque hoxe non lle dimos de almorzar, e non parou de miañar e de sentarse no sitio onde normalmente ten a comida. Da unha mágoaaaaaa!!!!!!!
Etiquetas:
Bimba
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







