15 diciembre, 2008

BÁGOAS


O venres díxonos o veterinario que tíñamos que volver a operar a Bimba canto antes, a ferida abríuselle por dentro e o intestino estaba saíndolle para fora polo buraquiño e que por iso tiña a barriga tan abultada. Tamén nos dixo que en 17 anos que levaba traballando como veterinario, esterilizando 20 gatas ó ano, esta era a segunda vez que lle pasaba unha cousa así, tivo que tocarnos a nos.
Así que, o sábado levámola de novo. A razón pola que se lle abriu a ferida foi por facer un esforzo despois de operala, por dar un salto grande ou intentar subirse a algún lado.
A solución que tomou foi non darlle nada para a dor, para mantela quieta, así que imaxinade a pobre como pasou o día. Berraba tanto que acabou por receitarnos apiretal, do que se lle da ós bebes, tíñamos que darlle de beber cunha xeringa, e estar ó seu lado porque se te poñías en outro sitio a moi rabuda intentaba erguerse para estar a túa beira.
Hoxe confirmáronme as vacacións dende o 20 de decembro ata reis, o sábado chega a miña irmá de Sheffield e Bimba mellora, así que polo meu caracter, debería estar tola de felicidade, sin embargo, teño unha inquietude que me percorre o corpo de pes a cabeza e que non me deixa estar tranquila, non sei, esperemos que acabe pasando porque de tanto morder as unllas vou quedar sin elas.




5 comentarios:

Greca dijo...

Non te preocupes, Vintxu. Que se Bimba está quietiña, seguro que xa pasou o peor, xa verás. Biquiños.

esther dijo...

xa queda menos para que esté coma nova... un besiño para ti e outro para a gatiña

Ana dijo...

Ánimo, ya verás como al final se pone buena, seguro! Si es que los gatos no pueden estar quietos! La de mis padres también la esterilizaron y le cosieron un corte que se hizo en una pata, todo el mismo día, y los puntos de la pata se le abrieron porque no paraba. Y eso que tenía la lámpara puesta en el cuello, y no cabía por las puertas!

Greca dijo...

Ademais, os gatos teñen sete vidas

Nueva_patética dijo...

Pobre Bimbinha joooo, menos mal que se recupera! É incríbel como chegamos a querer tanto aos animáis, bueno, o meu xa non ten nome, que até me fixen vegana, jajaj

un bico aos tres e arriba ese ánimo copón!