09 diciembre, 2008

DE VOLTA Á REALIDADE


A viaxe a Salamanca, foi curta pero intensa.
Atopei a dichosa ra da sorte, tomei o viño con xamón preto da praza maior, visitei a casa das cunchas e a Universidade.
Estamos de volta, na oficina, imaxinando xa a próxima escapada.

5 comentarios:

albixoi dijo...

Celebro que puideses gozar da túa escapa.

Greca dijo...

A min Salamanca recórdame a unha viaxe que fixen coas compis da universidade hai uns cinco anos ou así. Alugamos unha furgoneta que era tal cal a do Equipo A e alá nos fomos a unha casa rural (que era rural porque estaba no rural máis rural do mundo, só iso) e nevou toda a fin de semana e, á volta, estaba cortada a autopista e tivemos que comprar cadeas e facer cola durante horas no único taller mecánico que había (alí o prezo das cadeas subía uns 10 euros por minutos, co cal pagámolas máis ou menos a un 200% do seu valor). Logo tivemos que poñelas na autopista, de noite pechada, e nevando, sin ter nin puta idea porque na vida puxeramos unhas. Menos mal que había un tipo que nos axudou e logo nós axudamos a outros... Lémbrome da sensación de ir pola neve, pola autopista, coas cadeas. A única que se atreveu a conducir foi Ali, que acababa de sacar o carné e andaba coa L. Tamén me acordo do momento en que xa non había neve na estrada e tiven que baixar a quitalas, xogando a vida na autoestrada. Qué experiencia. Estaba de tan mala hostia que cando me tocou a min conducir empecei a pisarlle á fregoneta de tal forma que chegamos a Vigo nun volao (e ninguén se atreveu a abrir a boca).

Raposo dijo...

Salamanca é unha cidade preciosa, alégrome que a desfrutaras. Esta é a primeira visita o teu recuncho, volverei.
Apertas.

Galega Na Varanda dijo...

Bienvenida a la cruda realidad! Menos mal que ya falta poco para los festivos navideños! jejeje.

LM dijo...

e que tal levou bimba o da viaxe? malcriaranna muito os avós?
beijos