Aquí tes algunhas das fotos de Tenerife, as dos días que estiveche con nos, non as colguei todas porque eran un montón, pica na imaxe e xa as podes descargar directamente. Biquiños.28 septiembre, 2008
O PROMETIDO É DÉBEDA (Para X-sús)
Aquí tes algunhas das fotos de Tenerife, as dos días que estiveche con nos, non as colguei todas porque eran un montón, pica na imaxe e xa as podes descargar directamente. Biquiños.
Etiquetas:
coñecendo mundos
26 septiembre, 2008
FELIZ CUMPLE MARISOL

Marisol é a da esquerda, e hoxe, como dí sempre ela " o día que morreu Paquirri", é o seu cumple, así que, esta noite para celebralo vai a invitarnos a cear.
Así que espero bailar ao ritmo de Loquillo, Alaska, Miguel e Bimba Bosé, SuperMario, e como non... Rafaellaaaaaaaaaaaaaaaa.........
Etiquetas:
Adicatorias
25 septiembre, 2008
PARABENS PARA JES!!!
O "bicho-voador" está hoxe de cumple, así que aproveito para desearlle un bo día e felices 30, recordarlle que xa non está nos vinte e pico senon nos trinta e tantos...... O finde como prometín, colgarei as fotos de Tenerife.
Etiquetas:
Adicatorias
21 septiembre, 2008
SABELIÑA
"As rumberas" queda sen o seu 50%.
Sabela marcha a Sheffield a vivir, un curso enteiro
a dar clases de "spanish".
como a vou a botar tanto de menos, xa estou planeando facer as maletas e irme a vela unha, dúas, tres ou as veces que faga falta.
Así que, aquí me tedes, cun pe aquí e outro en Inglaterra.
¿Aprenderei por fin a chapurrear o inglés ou seguirei "chapuceando"?
E Sabe..... ¿Atopará por fin a un inglés que lle cante cousas románticas como "yu are here it´s nothing a feel my heart will go on ooooooooooooooooon"?
Para os que non sepades "chapucear", ese era o concepto, por certo, a cantiga gaña moito ca música de Titanic (facía xogo coa foto).
¿Coñecerá novos grupos que a fagan olvidar esa obsesión por Mr X, ou seguirá namorada de aquel que non debe ser nomeado?
Etiquetas:
coñecendo mundos
A miña curman a mais pequena
Esta é a miña curmanciña, a primeira comenzando pola esquerda, é a mais pequerrechiña de toda a familia, alomenos ata que Olaia decida que este lugar o ocupe o seguinte na tribu (ainda que non quero imaxinar un bebé con cámara de fotos de skanandfank)Martita é Martita.
Martita chegou a ser o nome de todas as quinceaneiras da súa idade da Coruña. Cando veías a un grupo de lonxe, todas vestidas de Martitas, dicías "aí veñen as Martitas".
Martita vai a "lacompa" aínda que nunha das súas rebeldías quixo marchar a pública, coma o resto das súas curmáns, pero ela é distinta, é ideal.
Etiquetas:
Publicado coa colaboración de Gazania
16 septiembre, 2008
O CARRIL BUS

Por fin temos carril bus en Coruña, un carril exclusivo para autobuses e taxis.
Esto levantou unha grande polémica para todos aqueles que non usan habitualmente o transporte público.
Sinceramente, eu pasei tres anos, mentres traballaba en Matogrande, levando o coche a diario, pero alí dando unha volta ou dez, atopaba sitio para aparcar e non había zoa azul, polo tanto, podía deixar o coche as 8 horas que botaba no traballo, sen que me puxeran catro multas ao día.
Cambio de curro e aparece o problema, non é o mesmo aparcar en Matogrande que en Juan Florez, onde non podo deixar o coche en zoa azul todo o día.
Decido ir en autobús urbano e vexo que entre aparcar aquí e alí ata gaño tempo, poñen o carril bus, o cal é un invento comodísimo e a xente empeza a queixarse. Os pais do colexio de Atocha que deixaban os coches en triple fila na calle S.Juan, xa non poden facer esa maniobra, non poden deixar os coches alí empantanados porque hai un carril habilitado para o bus, cheo de persoas que van a traballar pola mañá, ou que teñen que desplazarse por motivos persoais, ou incluso xente maior que, como a miña avoiña, non pode camiñar moito tempo.
Pero esas cousas parecen dar igual ante a necesidade imperiosa de deixar o coche en triple fila, non para deixar a un neno cinco minutos, senon para ir a ver unha función de fin de curso, como xa nos pasou unha vez a un compañeiro e a min, nunha ocasión que aparcamos diante do Liceo.
Etiquetas:
no lo tolero
15 septiembre, 2008
O TEMA É DISCUTIR....
Dende que coñecín, xa fai algúns anos, a Vacorinho levamos discutindo do tema da música. A variedade de estilos, non de grupos, é algo sano. Todos podemos escoitar un CD de "Marlango", de "Ocean Color Scene", de "Muse" ou de "Pink Floyd" de cando en vez.
Eu por exemplo toleo con "The Cure", pero teño que recoñecer, que se escoitara ese tipo de música as 24 horas do día dos 365 que ten o ano, sen poder poñer unha soa canción de esas que fai que te quites a coleta e te desmelenes, que tires os zapatos por ahí e te poñas a dar saltos pola casa mentras cantas a voz en grito "I feel good..." o "devolvé la bolsa", estaría totalmente deprimida. Así que sempre chamei a súa música "autodepresiva", ata que ao final, o tempo e este artigo que atopou Vacorinho, déronme a razón.
Opinade vos mesmos.
Los amantes de la música 'indie' podrían tener baja autoestima
Los aficionados a la música clásica y el jazz son creativos; los amantes del pop trabajadores y, a pesar de los esterotipos, los fans del heavy metal tienen un carácter suave.
"Los investigadores han mostrado desde hace décadas que los aficionados al rock y al rap son rebeldes, y que los fans de la opera son prósperos y bien educados".
Creativos, tímidos, huraños...
El estudio concluye que aquéllos que se decantan por el jazz y la música clásica son creativos y tienen una alta autoestima, aunque los primeros son extrovertidos y los segundos tímidos. Los aficionados al country tienden a trabajar duro y a la timidez, mientras que los fans del rap son extrovertidos y los amantes de la música independiente carecen de autoestima y son huraños. Aquéllos a los que les gusta el soul pueden animarse: el estudio afirma que son creativos, extrovertidos, dulces y contentos consigo mismos y que, además, tienen la autoestima alta.
Para os que non o creades, podedes seguir este enlace.
http://www.cadenaser.com/cultura/articulo/amantes-musica-indie-podrian-tener/csrcsrpor/20080905csrcsrcul_3/Tes

Música
12 septiembre, 2008
A HORA DO CAFÉ
Por fin é venres, son as 10 da mañá, xa levo dúas horiñas na oficina, dende as oito. Acabo de sair a por un café, teño ainda todo o día por diante, as dúas irei a comer, volverei as catro para traballar toda a tarde, agardando que cheguen as oito como auga de maio. Parece que cun café ben quentiño vense as cousas de outra maneira, sobre todo en setembro que tan cedo xa empeza a facer fresco.

E así estaba eu, tranquilamente disfrutando do meu café, incluso non había moito movemento na oficina, nin moitas chamadas, así que, a punto estaba de publicar este mini post, cando chegou correndo un dos meus jefes, explicando que un dos nosos traballadores acababa de ter un accidente laboral. Rematouse a tranquilidade, xa que tiven que levar ao pobre home a Mutúa cunha man feita un cristo por clavarse un ferro mentres encofraba.
¿En que estado tes que chegar a unha Mutúa para que te atendan a primeira?. Ademáis eu iba con él, podíame quedar ca rapaza explicándolle o parte, pero non ter ao pobre home alí fora cunha dor espantosa, aguantando a unha tipa de cara larga facendo as mesmas preguntas que viñan no papel a unha velocidade de caracol.
Etiquetas:
Roupavella
08 septiembre, 2008
A PERRIANA
Esta noticia non saiu na Voz de Galicia, como a da serpe, é extraida directamente de Radio-patio.
Radio-patio é unha emisora eumesa a cal so teñen acceso os máis privilexiados. A reporteira máis coñecida é unha señora con graves problemas psicolóxicos, a cal chamarei "A PERRIANA" (para os que non sexades de Pontedeume, aquí perriana significa neno ou nena, que bota todo o día tirado pola rúa, sen que os pais lle presten atención e relacionandose unicamente con outros nenos na súa mesma situación)
Neste caso trátase dunha señora neurótica, que pasa o día na rúa ou colgada do teléfono, sen facer máis nada que falar da vida da xente, poñendo especial interés nas desgrazas alleas.
Para poñervos en situación direivos que o seu fillo máis vello, xa fai anos, nunha ocasión, na que nevou, cousa bastante rara por estes lares, colleu unha mesa do instituto ao que íbamos e tirouse pola fiestra pensando que podía facer un trineo, outra cousa que lle encantaba era pegarse con todo o mundo cada vez que tiña a ocasión. A filla tiña no facebook unha foto súa en roupa interior de coiro. Son unha familia un tanto peculiar, pasan o día berrando e insultandose entre eles, sobre todo a "Perriana". Encantaríame poder dicir que é unha especie en perigo de extinción e que quedan poucos exemplares de ese tipo, pero por desgraza esta muller ten unha especie de pandilla cas que sae todos os días a facer "vilanchismo" e a que máis e a que menos....
Pois ben, a cousa comenzou cando "Perriana" apareceu de súpeto, rápida como un virus, na casa dos pais de Vacorinho, toda disposta e con esa lingua de serpe velenosa para felicitalos porque ían ser avós. Aquí cabían dúas posibilidades pero rapidamente descartou as opcións de procreación da Greca e o embarazo caeu directamente sobre min.
A "Perriana" aeguraba ter información de primeira man, chegada duns amigos dos meus pais, pero estaba algo desconcertada, porque segundo asegurou, parecíalle raro que a nai de Vacorinho, ante tal noticia, non se acercara ata a súa casa a contarllo. Estes pensamentos demostran o cerebro de mosquito que ten algunha xente.
Así que xa lle temos nome, chamarase Manolito. O nome púxollo a súa futura madriña e tía en cuestión, a Greca, o sábado pola noite, celebrando o acontecemento do que eu non tiña nin a máis remota idea, menos mal que teño a "Perriana" para darme as boas novas. O caso é que Manolito é tan intelixente que aínda que so estou de catro meses, xa sabe leer, escribir e incluso fai ecuacións de primeiro e segundo grao. O próximo, bautizareino como boa cristiana que son e a súa madriña será Sabeliña, a miña irmá, o neno chamarase Joel, en honor ao meu cantante favorito e intentarei por todos os medios metelo na escola de "Peleteiro" (en Santiago) seguindo o exemplo de "Perriana" cos seus fillos.

Frikalladas
01 septiembre, 2008
NOTICIAS
Onte, Domingo día 31 de agosto do 2008, aparece na Voz de Galicia a seguinte noticia.
Una vecina eumesa
se encuentra por
sorpresa con una
serpiente en el
balcón de su casa
La Voz
FERROL 1 La Policía Local de
Pontedeume acudió ayer a
una vivienda de la avenida
de A Coruña para recoger
una serpiente que apareció
por sorpresa en el balcón
de una vecina. El suceso
ocurrió a media tarde, cuando
la vecina se encontró con
especimen, de aspecto tropical,
a punto de colarse en su
vivienda.
Fue el marido de esta quien
se armó de valor y cogió la
culebra para meterla en un
caldero. Solo entonces llamó
a los agentes municipales para
que se hicieran cargo.
Los policías trasladaron
al animal a sus dependencias,
en donde la introdujeron
en una caja de madera
y la taparon, a la espera de
que los servicios del centro
de recogida de animales fuese
a buscarla.
No trascendió aún la especie
a la que pertenecía la culebra,
aunque todo apuntaba
a que se trataba de la mascota
de un vecino del piso superior
a donde apareció el animal,
quien ayer no se encontraba
en su casa.
Tras recuperarme do ataque de risa, cóntovos como foi en realidade.
O sábado pola mañá, erguímonos sobre as 10, chamei a miña nai que estaba no Castro para baixar con ela ata a vila e facer de vilanchas un rato mercando algunhas cousas no feirón.
Así foi, baixaron do Castro os dous, meu pai e a miña nai, estábamos no piso cando o meu pai (ese marido armado de valor) atopou a bicha na terraza, non no balcón.
Tirándolle de un pé, non digo que non sexa valente, que si que o é, colleu unha servilleta de papel e agarrou a bicha, meteuna nun bote de cristal tamaño XXL, como o bote non tiña tapa púxolle para tapalo unha baldosa. Non hai tal caldeiro, e menos "caldero", entrou no piso e chamounos. Saimos espantadas a ver aquela serpe vermella, con arandelas negras e brancas, vamos que non era unha culebra típica de Galicia.
Marchamos para o feirón e alí estivo a boa da serpe metida no bote, despois comimos con paciencia, fixemos sobremesa e cando, pola tarde, despois de pasar o día enteiro timbrandolle aos veciños porque seguramente era deles, decidimos que non ibamos a durmir unha noite máis ca bicha na terraza, a miña nai chamou aos municipais, que viñeron e a levaron nunha bolsa de basura e non nunha caixa de madeira.
Eu subin un par de veces para falar cos veciños, xa que a noite anterior xa estaba a serpe na miña terraza. Eu non a vin e durmín ca fiestra entreaberta, pero non estaban na casa, sorte que tiveron porque o cristo que iba a montarlles, eso si que iba a salir na prensa e non a puñetera da cobra.
Así era a bicha........

Asi que xa vedes, teño un pai "armado de valor", unha nai "señora eumesa" e uns veciños inconscientes.
Paréceme preocupante o frikismo de ter bichas así na casa, os veciños dos pais de Vacorinho teñen unha pitón, e se teñen os papeles é totalmente legal tela. Non me parece nada normal ter na casa un animal así, e menos se non te fas cargo, como é o caso.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)