21 enero, 2009

HAPPY BIRTHDAY TO YOU!!!!!!!!!!!!!!!


Tal día como hoxe, fai 25 anos, Tioxan despertábame na casa dos avós, almozaba conmigo e montábame no seu coche. Eu tiña catro anos e por aquel entonces estaba convencida de que Tioxan era mago, porque dicindo "abra cadabra pata de cabra", por teléfono, facía aparecer chocolatinas, nos caixóns do cuarto onde eu durmía, estando a moitísimos km de distancia.
Polo camiño contoume que a miña irmá Sabeliña, acababa de nacer e que tiñamos que mercarlle un chupete e un axóuxere para levarlle de agasallo.
Eu miraba cos ollos moi abertos polo cristal do coche, abraiada por todo o axetreo que había montado arredor de min esa mañá.
Entonces preguntei por que pasábamos tantas veces polo mesmo sitio, dando voltas sen parar.
O meu tío, cheo de razón dixo que eran cousas da maxia (xa no 84 era imposible aparcar preto do Modelo).
Cando chegamos, alí estaba a miña nai, metida na cama, no colo tiña dous ollos xigantes e un corpiño miudo.
Pasei toda a miña infancia guerreando ca bicha de ollos grandes e agora que marchou a Sheffield, polo seu "25th birthday" doume conta do moito que a boto de menos.

11 comentarios:

nogue.ana dijo...

que historia máis bonita! moitas felicidades para Sabela! bicos

Esther dijo...

felicidades Sabelaaaaaa!!!!!

a patriarca das primas dijo...

que lindo anti. quen ía decir que a miña prima escribia tan ben. por certo hoxe é tamén unha fecha especial para todos nos porque hoxe......(redoble de tambores) sae a 5ª tempada de LOST. llujiiiii. a e sabe parabens para ti tamén.

Chousa da Alcandra dijo...

Anda raio!; pois sí que me gustou como contaches o asunto ese de ter "unha cousa con pelo" e que che medra -neste caso- por detrás.

Saúdos dende a Chousa

the morning dijo...

parabens para sabela e para ti por saber facer de tantas historias normais, poesia.

vacorinho dijo...

Bonita historia! parabéns para Sabelaaaauuuuuu

Carlos Sousa dijo...

Adoita pasar iso, aínda que entre irmáns, máis ou menos estés a guerrear todo o día, no momento que te separas xa estás a botalos de menos (bueno, a veces).

Fecididades entón para Sabela.

Teño un encargo para tí no meu blog, espero que che guste.

paideleo dijo...

Unha preciosa lembranza do nacemento da túa irmá que seguro lle fai ilusión.
Polos seguintes vintecinco anos !.

LM dijo...

encantou-me o das chocolatinas e o de guerrear. muito muito parabéns e que sigades partilhando mais aniversarios sem esquecer este espirito!
beijos

vintxuca dijo...

Pois LM, non sabes ti as que montábamos... el era León e eu pulguita e facíamos loitas, logo viña a miña tia ca campanita a parar os combates, o das chocolatínas facíame unha ilusión... mandábame ir mirar ó caixón e non había nada, volvía correndo polo pasillo, collía o teléfono, xuntos dicíamos as palabras máxicas e alí estaba, esa chocolatina tan esperada.

Querida patriarca ó sair do traballo fun mangada para casa, collín unha cunca de palomitas e vin o tan esperadísimo "lost"...agora temos que comentalo.

Carlos, grazas de novo polo encargo.

Sabe dijo...

Eu non son tan boa escritora coma ti mais que saibas que botote moitísimo en falta e que non te podo querer máis conhoo!!
bicos.