15 febrero, 2009

MÁIS INDIOS QUE CABALOS

Algúns de vos recordaredes este post que eu mesma escribín o 17 de outubro do 2008.
http://omonstruodasbolachas.blogspot.com/2008/10/fun-de-inaguration.html
Cando a empresa onde traballo estaba en pleno apoxeo e facía centros comerciais a esgallo... O Dolce Vita na Coruña, o Odeón en Ferrol, O Novo Milladoiro en Santiago...
Por mor da crise vin como se disolvían empresas proveedoras, embargadas moitas veces por Hacienda.
Por mor da crise vin tamén como nos deixaban moitos clientes, como baixaban as ordes de traballo e o peor... como se prescindiu de tantos e tantos empregados con familias, no nadal... amigos que fumos deixando atrás, eu polo menos, co corazón nun puño ao velos sair pola porta.

Por mor da crise chegou un momento que quedabamos máis en oficina que en obra, como dicía o noso xefe de obra antes de marchar tamén, "quedan máis indios que cabalos".

Por mor da crise, os bancos non adiantan os pagarés dos clientes nin dos proveedores, o sector da construcción está considerado sector de risco.

Así que o mércores tomouse a decisión .
A partir de este luns estou oficialmente e por primeira vez na empresa máis grande do mundo, esperarei a cola do INEM co meu novo comic de Liniers.

14 comentarios:

Antón de Muros dijo...

Por mor da crise.... :-( :-(

Tempos duros... moi duros...

Deixoche o meu saúdo nun día especial.

Antón.

Chousa da Alcandra dijo...

Agora entendo o teu comentario na Chousa sobre o reconstituinte...

Pois veño a decirche que todo o que non mata engorda; e que -ainda que hoxe esteñas amolada- desto non se morre! (así que ten tino de non coller quilos de mais, que seica son malos)

Aparcando as coñas, moito ánimo. Esto é cíclico e pasará; xa o verás.

Un bico grande

esther dijo...

QUE MERDA!!! síntocho Anti... e moitos iremos detrás... isto está comezando por desgracia... pero se ve vir. Besiños e ánimo

Carlos Sousa dijo...

Coño, sempre é unha mala nova. O peor disto é que a empresa esta máis grande, cada vez conta con máis empregados.

Aquí na zona de Ponteareas, depéndese moito da industria e da construcción, e cada vez que que falas con alguén, vaste enterando que tal empresa pechou, que fulanito está no paro, etc. E pouco a pouco vaste acojonando co futuro que nos espera, con hipotecas que pagar, fillos que manter, e moitas máis cousas.

Espero que polo menos estés no paro con todos os teus dereitos, enon explotándote cun despido destes raros, que hai de todo hoxe en día.

Que teñas sorte.

LM dijo...

ups! quanto o sinto aínda que melhor acompanhada dos liniers do que de mau humor...
muito ánimo que nunca choveu que nom escampasse.
beijos cheios de agarimo

albixoi dijo...

Moitas apertas e que esta situación sexa o máis transitoria posíbel.

bimba dijo...

Cando algo remata, hai que pensar en positivo, veras como despois de esta te empezan a vir cousas boas ¡animo!

Greca dijo...

Na empresa máis grande do Estado non te queren moito tempo, sobre todo se teñen que pagar. Xa verás o rapidiño que encontras outra cousa, que ti es máis lista que un allo. Mentres tanto, tenta gozar como poidas destas "vacacións". Biquiños mil.

andresrguez dijo...

Pasaba por aquí e vendo esto, non sei que decir.

Sintoo

vintxuca dijo...

GRAZAS A TODOS POLOS ÁNIMOS!!!!!eu xa estou máis positiva e coma non parei de currar ata agora correspondeme a máxima prestación!!! asi que vou a aprobeitar para estudiar e tentar sacar unha oposición, xa ata me matriculei nunha academia e todo, ademáis estou empezando a amortizar o ximnasio que o tiña abandonado e a intentar rematar proxectos pendentes...mantereivos informados.

Adoutora dijo...

para min tamén é a primeira vez, que carallo!! tamén merecemos un descanso non vai ser todo traballar e traballar. Bueno rula vémonos o luns ao sol non?? (Bicos e vas ver que nunca choveu que non escampara e que despois da tormenta chega a calma, e cando unha ventá se pecha se abre unha máis grande, e.........)

paideleo dijo...

Que teñas sorte no futuro laboral.
Eu vou safando pero anda o asunto no aire.

Chousa da Alcandra dijo...

Xa mo dicía miña nai: Neniño, ti faite funcionario; que teñen o pan asegurado e non vin ningún herniado.
(Miña nai non era poeta, pero ás veces saíanlle pareados).

Non lle fixen caso; pero aproveita ti agora e faille caso a miña nai!!!.

Bicos fresquiños da Chousa

Galega Na Varanda dijo...

Muchísimos ánimos! Supongo que el paro no es lo peor del mundo, pero asusta! yo me uniré a la lista en noviembre de este año, y a ver qué pasa después.

Suerte con las opos! Dalle duro!

Bicos!