Saíndo da miña vila, camiño de San Xoan, hai unha carretera que vai dar a unha praza na que fai moitos anos había unha discoteca bastante grande, ONDA.
Hoxe está pechada e xa ninguén pasa por alí. A praza é enorme e de aspecto tétrico, pola noite está escuro e o único que se ve é o que queda dos ferrenganchos do letreiro de neón da discoteca e dúas árbores cravadas no medio e medio.
Pero nunha esquina, vese unha luz amareliña e si te fixas.... alí está, a rulotte dos parruliños.
A roulotte é branca e nun lado con letras negras pon : BOCADILLOS Y HAMBURGUESAS. É a típica roulotte das festas.
Alí no medio da nada está Luis, facendo os mellores bocatas do mundo. A roulotte xa non ten rodas e leva ahí parada máis de dez anos, pero a el non lle afecta a crise.
Pola noite achégase a xente famélica e pide un bocata. Entonces Luís dí:
mira...de que o queres parruliño?
E faiche un bocata cheiño ata rebosar.
A roulotte dos parruliños é un sitio cutre pero alí podes disfrutar das mellores conversas.
01 marzo, 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
uuummmmm!!!! que rico bocataaaaa!!! argf! oes nena, xa ía sendo hora que lle deras vida ó teu blog!
muuuuaaaaaaaa!!!! Guapaaaa!!!!
É non son mellores os sitios cutres? Eu de sempre preferín as tascas ou baretos tirando a "cutres" pero que polo menos teñas boa compaña coa que larear ou botar unhas risas. Non como estas cafeterías finolis.
Un bico
anti aqui me tes!!!non sei moi ben como vai isto!!tesme que ensinar!mil bicos wapa
Tes toda a razón Carlos, o cutrismo sempre triunfa. Unha aperta
Publicar un comentario