10 noviembre, 2009

GALIZA NOS ANOS 20

Hoxe vin unha exposición abraiante, fotos en branco e negro da nosa Galiza nos anos 20, retratos de como fomos, das nosas costumes, da nosa roupa, das nosas paisaxes, dos traballos que realizábamos no mar, na terra, facendo encaixe, filloas, zocas de madeira, levando leite polas casas, lavando no río, ou incluso adiviñando o futuro cunha máquina na que un paxariño sacaba un papel no que podías ler cal ía ser a túa sorte o día de mañá.




Estas fotos pertencen a Ruth Matilda Anderson, unha marabillosa profesional americana que non só percorreu Galiza do 1924 ó 1926, aprendeu ademáis a nosa lingua e chorou ante a fermosura da nosa terra, chegando a dicir que Galiza tiña tantas fotografías para tomar que as veces non sabía como compoñelas.

R.M Anderson foi contratada por Archer Milton Huntington, fundador da Hispanic Society en New York, que admiraba Galiza e desexaba ensinala nas súas galerías. Huntington pensaba que coller un cruceiro galego e levalo para expoñelo, non era boa idea, xa que dese modo arrincaba o noso patrimonio, así que contratou a Anderson para fotografiar todo o que puidera nas súas viaxes, que apuntase os nosos ditos, refráns, que falase ca xente e explicase por escrito cada unha das anécdotas que lle acontecesen no camiño. Máis de cinco mil imaxes, facturas, esquemas, un diario, apuntamentos.... forman parte do minucioso traballo que Anderson enviou a Huntington para documentar as súas viaxes.
En fin, un percorrido precioso polo faro de Fisterra, as murallas de Lugo, o mosteiro de Sobrado, as rúas de Corcubión, as feiras de Viveiro, a igrexa de Betanzos, a cidade de Ourense, Vilagarcía, Pontevedra, os Canóns do Sil, A Corunha..

Non perdades a oportunidade de vela, se podedes. Unha aperta.

11 comentarios:

maruxiña dijo...

Pois a foto que pos está ben bonita, tentarei ver as demáis, graciñas polo apunte.

Un biquiño miña!!!

Chousa da Alcandra dijo...

Sempre resulta moi atraínte decatarnos como nos ven outras persoas que, en principio, non teñen mamado a nosa propia cultura.
Seguro que Ruth sentiuse tan atraída pola profunda diferencia que a Galiza dos anos 20 amosaba, que ó ser ela tan permeable, acabou por empaparse así.
Será un pracer poder ver esa exposición. É itinerante? Onde a viches?

Bicos dende os anos case 10

Eni.g.ma dijo...

é moi moi interesante e fermosa.

Cuspedepita dijo...

...e Fonsagrada e ata a Pobra de Burón, a aldea na que vivo, están nesas fotos tan fermosas.
A miña filla máis eu fomos ver esa exposición no verán,cando estivo en Lugo, e volvemos abraiadas. Recomendámola a todos. A ver se se deciden a editar un libro coas fotos.

vintxuca dijo...

Chousa sei que de xulho a setembro estivo en lugo e que agora está na corunha ata o día 28 de febreiro, podes vela na fundación Caixa Galiza (agora que o penso...pode que os teus dous michos estiveran a debater sobre ela)

maruxinha bikinhos pra ti tamén.

eni.g.ma un pracer...

cuspedepita, o libro que escribeu esta fotógrafa chamase "Gallegan Provinces" e foi editado en 1939 hai pouquísimos exemplares asi que fan puxas altísimas por eles en internet, por iso tes toda a razón do mundo ó dicir que deberían sacar un libro cas súas fotos e andanzas.

Raposo dijo...

Pois a ver si esa exposición para en Vigo porque semella ben interesante.
Apertas.

Carlos de Galiza dijo...

Mola o que se ve da expo, lástima non poder vela.
O triste da historia é ver que valoren mais as cousas da nosa cultura os estranxeiros.... Saude e lingua !!!

Bolboreteira dijo...

Pois si que ten boa pinta a exposición, haberá que facer por vela....
A min non me extraña que se namorasen da nosa terra..e que sacase tanto e tanto material...ainda que non é tan grande Galiza ten moito que amosar.
Un bico bonita!

gazania dijo...

Esa foto sóname. Non son unhas mulleres que van dende Carnota a Muros? Non vin a exposición, aínda que me sona ter o libro nas mans, desde logo non pasarei de vela nesta ocasión.

vintxuca dijo...

querida gazania pois se te animas a vela unha de estas semanas... chámame e volvo contigo encantada da vida!!!!! bikos juapa!

Carlos Sousa dijo...

Se para en Vigo (a Ponteareas sguro que non vai vir) vou seguro. Creo que vin a noticia na Voz de Galicia, e poñían esta foto, dicían que eran leiteiras que voltaban da Coruña.

Dende logo é unha marabilla ver fotos antigas.

Un bico.