23 diciembre, 2009

A bicha con crecha e dentes de león

Levo días con ganas de escribir sobre a manifestación do domingo 6 de decembro a favor da autodeterminazom dos povos. Como aqueles que a organizaron, solicitaron poder empregar pavillóns municipais e atoparon un non por resposta, como montarón o palco no Toural e unha vez rematado o traballo, os mesmos de sempre, fixeron que se desmontara porque ata as catro da tarde non podía facerse, como intentaron negociar deixar o palco posto e recibiron a seguinte contestación "a eses ni agua". Como as catro tiveron que pasar o curro de volver a montalo...
En fin, podería contar tamén como despois da manifestación marchei o ó xantar, bailei, cantei, tomei viño e licor café e gocei co concerto de "Ataque escampe" .
Tamén podería falar da minha primeira experiencia no cine en 3D, do frío que fai, da crise, do nadal...
Pero hoxe falarei do meu novo compañeiro, ese que me come o almorzo, que me fai chorar e rir de forma compulsiva, o que se cola polo medio das miñas sabas e berra ó meu carón para non deixarme durmir. Debe ter dentes de león, crecha de galo, e corpo de serpe. Métese polo furadiño por onde saen as bágoas, baixa pola gorxa e habita no corazón. Traba polas noites e polo día . Traba cando respiro e cando aguanto o alento. Traba cando canto na ducha polas mañás, cando fago a comida e cando limpo a miña casa.
Feitas as presentacións contareivos que empeza a batalla. O bicho da crecha e dentes de león non pasa do nadal, así teña que afogalo a base de turróns, nocos e champán.

6 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Vaia oh; que estaba eu a piques de felicitar a ese compañeiro "que che come o almorzo" (eso sí que case ía reñerlle, que seguro que podía comer máis cousas...); cando dis que lle vas dar pico por gorxa para unha destas comidas de Nadal. Así que felicitareite a ti, perguiceira, por contar que as bolachas siguen tendo "monstruo"

(Tés que revisar o calendario do teu ordenata. Di que escribiches este post en xornada xa pasada...Máis que nada para lembrarche que o "compañeiro" hai que ilo preparando para o seu día D).

Bicos dende a Chousa chuviñenta

Carlos Sousa dijo...

Acaba con el, que non che trabe máis. Polo menos xa tes ocupación para este Nadal. Sorte na batalla.

Bicos

Bolboreteira dijo...

Ánimo moza!
Se hai que acabr con él, pois que así sexa.
Un bico!

Chousa da Alcandra dijo...

Que o 2010 traia ledicia para ti e para os teus.
(E que mellore esa mancadura canto antes, que senón vas fortalecer moito máis unha perna ca outra!!)

12 bicos de Antas para esta noite

Raposo dijo...

Con ou sen compañeiro, Feliz 2010!!!

LM dijo...

Já marchou?
beijinhos e bom ano 2010!