Algúns de vos recordaredes este post que eu mesma escribín o 17 de outubro do 2008.
http://omonstruodasbolachas.blogspot.com/2008/10/fun-de-inaguration.html
Cando a empresa onde traballo estaba en pleno apoxeo e facía centros comerciais a esgallo... O Dolce Vita na Coruña, o Odeón en Ferrol, O Novo Milladoiro en Santiago...
Por mor da crise vin como se disolvían empresas proveedoras, embargadas moitas veces por Hacienda.
Por mor da crise vin tamén como nos deixaban moitos clientes, como baixaban as ordes de traballo e o peor... como se prescindiu de tantos e tantos empregados con familias, no nadal... amigos que fumos deixando atrás, eu polo menos, co corazón nun puño ao velos sair pola porta.
Por mor da crise chegou un momento que quedabamos máis en oficina que en obra, como dicía o noso xefe de obra antes de marchar tamén, "quedan máis indios que cabalos".
Por mor da crise, os bancos non adiantan os pagarés dos clientes nin dos proveedores, o sector da construcción está considerado sector de risco.
Así que o mércores tomouse a decisión .
A partir de este luns estou oficialmente e por primeira vez na empresa máis grande do mundo, esperarei a cola do INEM co meu novo comic de Liniers.
15 febrero, 2009
02 febrero, 2009
PARAUGAS DE SAPO

Por fin bautizaron este ruxe ruxe que soplaba en Galiza. Chamarono Klaus.
Este temporal deixounos árbores caidas, tellados voadores, cortes de luz e moitas outras latosidades... pero no medio do monte, debaixo duns ramallos, atopei estes paraugas de sapo, como lles chama o meu avó, destemidos da tormenta e do vento.
Etiquetas:
inverno
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





