Naceu en Calcuta, converteuse en fotógrafa ós cincuenta anos de idade. Tiña un carácter forte e persuasivo, era unha sedutora nata.
Foi moi polémica. O propio Lewis Carroll (Alicia no país das marabillas) criticouna ó principio, pero acabou adorándoa cando veu os seus retratos cheos de enerxía.
Experimentaba ca súa cámara o comportamento dos seus amigos que en moitas ocasións posaban para ela. Repetía as tomas unha e outra vez hasta que quedaban como ela quería, nunca retocaba nin ampliaba os seus negativos.
Morreu cen anos antes do meu nacemento e deixounos retratos como este.

Esta foto provócame temor, inquedanza ou algo de desasosego. Podería incluso ser intimidación. Esa mirada, directa e transparente, fai que apartes a vista inmediatamente. O pelo enmarañado, a forma da cara, a dureza da expresión que se volve doce por momentos... faime desexar ser forte e non a chorona, argalleira e protestona que teño vivindo dentro ultimamente.
10 comentarios:
Fermosa foto, si que transmite moitas cousas, describichelo moi ben.
Facer boas fotos non debe de ser nada doado, esta parécemo, ainda que entendo pouco do tema.
Interesante.
Biquiños!
Si que tens razón,non hai maneira de describirlo mellor.Da un pouco de medo, en calquer momento pode cobrar vida.
(perdonar o meu intento de escribir en galego, quero aprendelo)
Bicos dede Vigo
Graciñas pola visita, mais o blog ese xa non o uso. Agora escribo regularmente en el de Día a Día II.
Deixote o link :
http://ana-diaadia2.blogspot.com/
Bicos
Grazas Ana botareilhe unha olhada...quedas fichada de todas a todas...beijinhos!!!!!
Pois a min transmiteme misterio,sinceridade e forza.
A fotografía é todo un arte. Xa ninguén ten dudas sobre iso; pero, dentro dela, fotografiar caras con esa capacidade para trascender máis aló dos ollos que te miran, xa é un arte para o que se precisa un don especial para transmitir mensaxes potentes como esa foto que nos amosas.
O de que morreu cen anos antes do teu nacemento tamén é unha mensaxe (oral) moi potente. A min fíxome parar na lectura tanto como mirar a imaxe.
Un bico potente.
A foto impresiona. ¿Desasosego? Si, quizais sexa unha boa forma de expresar o que reflexa ese rostro,
eso e un certo pasado escuro
Apertas.
Acábome de namorar dese retrato, danme gañas de escribir para despois porlle unha foto coma isa.
¡Qué mirada forte!
Bicos.
Antón.
A min fotos así provócanme todo o contrario, fascínanme. Hai moitos libros de moitas páxinas que non me contan tantas cousas.
Publicar un comentario