26 enero, 2010

SEGUINDO CO TEMA....

Seguindo co tema co que comezou fai uns días Chousa da Alcandra, no cal nos falaba do círculo vital, e continuando co de Leoeosseus que nos falaba tamén dun enredo, que remataba igual que comezaba, dispóñome eu a dar a miña visión dos feitos de maneira tamén circular aínda que vista dende un punto de vista máis persoal debido, entre outras cousas, a situación pola que paso.

A vida, dende o meu punto de vista, máis que un círculo seméllame unha espiral.
Naces, medras un pouquiño, nacen os irmáns, medras outro pouquiño, vas á escola e aprendes que no mundo das letras, a raíña "a" está casada co rei "u", que o fedello do príncipe "e" fai chorar a súa irmá a princesa "i" a todas horas, e tamén fai rabiar á princesa "o". Que "q" era un trapecista coxiño e "f" era bombeiro. Levas un desgusto enorme ó cambiar de cole e alexarte do teu mozo e mellor amigo de 5 anos.
Segues medrando. Chegas ó instituto, daste conta que as túas amigas, as letras, seguen mantendo contigo unha estreita relación pero xorden os teus grandes inimigos, os números.
Tes o teu primeiro mozo formal. Comezas a fumar. Rematas o instituto.
Marchas a estudar fóra, descobres a vida universitaria, as manifas, as noites dos xoves, o licor café, a crema de augardente. Rematas a carreira. Sacas o carnet de conducir. Herdas o teu primeiro coche, ó que tes que quitar os fusibles cunha lanterna cada vez que aparcas, porque as luces non se apagan. Traballas de becaria por dous pesos case 10 horas ó día. Volves ó coche e pos os fusibles de novo para volver a casa pola noite. Mercas coche do trinque. Trocas de choio. Deixas de fumar. Abúrreste así que fas un máster.
Independízaste, pagas o aluguer a medias co teu mozo. Trocas de choio de novo. Quedas sen traballo, sen mozo, sen piso. Volves a fumar.
Ata aquí a espiral foi medrando e medrando pero, todos temos 7 espirais (ou máis) como os gatos teñen 7 vidas. Así que empeza a miña nova espiral, agora mesmiño estou sentada sobre unha caixa das moitas que teño para facer a mudanza, comendo xelado de torta de queixo e escribindo este post.
A miña gata Bimba mírame abraiada con tanto movemento estraño.
Estreo vida, estreo piso e para continuar cos cambios na espiral, faime falta cortar o pelo e cambiar un pouco o blogue..... aí vou!!!!!

22 comentarios:

BRABIDO dijo...

Vover a empezar,sempre o bo,animos e que teñas unha espiral mellor,gustariache o licor café,non?

Gustame o cambio de look que lle fixeches o blog.

Chousa da Alcandra dijo...

Eu quedeime preocupado por ver que, na túa espiral, o feito de ter mozo formal levoute ó tabaco. Había que analizar iso Vintxuca. Sobre todo pq con ese ciclo non poderías cantar aquelo de fumando espero...

(Mólame suscitarvos temas de reflexión, aínda que o meu posteo do círculo fose un puro cachondeo superficial)

Bicos en espiral maior

Mela dijo...

Querida vintxu,a espiral que vas comezar vai ser a mellor,non o dubides,e terás,polo menos,un par de amigas que estarán ó teu lado para que así sexa.
Chousa,agora sí está esperando co cigarro a alguén......

vintxuca dijo...

cabronaza non me busques plan que xa o fago eu soiña......ou non, pero iso non é o tema...a que espera desespera! ímos a festa do cocido de Lalín que sei que por alí tes aljo interesante... que aínda que estemos prometidas, ti máis eu, no facebook... deixareite por esta vez...jajajaa!!!!

Chousa non te preocupes, o feito de fumar non ven ligado ás relacións...ou iso espero, agora que o dis.... terei que meditalo.

Brabido grazas polos ánimos...e si gosto do licor café, estudiei en Ourense..que melhor lugar para probalo, ca fama que ten por alá!

Bolboreteira dijo...

Vaia rapaza!
Parece que levamos vidas paralelas, eu tamén estou de mudanza e tal vez no punto de partida dunha nova espiral..ou algo así, digamos que nova etapa vital e...necesito un corte de pelo urxente...
Vexamos como vai..
Sorte!
Biquiños.

gazania dijo...

Falando de espiral mira a Octavio Paz o que te di:
Como el clavel sobre su vara,
como el clavel, es el cohete:
es un clavel que se dispara.
Como el cohete el torbellino:
sube hasta el cielo y desgrana
canto de pájaro en un pino.
Como el clavel y como el viento
el caracol es un cohete:
petrificado movimiento.
Y la espiral en cada cosa
su vibración difunde en giros:
el movimiento no reposa.
El caracol ayer fue ola,
mañana luz y viento, son,
eco del eco, caracola.

Carlos Sousa dijo...

Mirando así, tes moita razón, pero unha espiral nunca ten fin. Se cadra aínda quedan moitas voltas que dar, e non che digo nada cando veñen fillos, outra voltiña máis. Cambios radicais.

Parabéns tardíos para túa irmá e a ver se os teus desexos se cumpren.

Ah! Este ano os do Bilbao vaivos bastante ben. Aquí tamén hai moitos hinchas deles e a súa afición mais a do Celta están hermanadas. Que ambiente de festa habiá en Balaidos cando viña o Athletic... Que tempos...

Bicos

Unknown dijo...

hola vintxu...xa facía tempo que non pasaba polo teu blog..vexo que toca cambio de espiral, mais penso que a nova espiral será mellor. Sé sempre ti mesma e mira pra diante. Apertas

vintxuca dijo...

Bolboreteira...moitísima sorte na túa nova espiral, xa nos contaremos das nosas novas casinhas cando estemos ben asentadas.
Por certo, cortar e arranxar o pelo é unha cura milagrosa para alonxar males pasados, douche a minha palabra!

Gazania grazas polo poema, ti sempre tan agarimosa, ánimo, ben sei que ti tamén intentas sair da túa espiral e comenzar unha nova...aqui estamos para apoiarte!

O dos filhos ten que ser precioso, querido Carlos, pero vouno deixar por agora para dentro dun par de voltinhas máis. Por certo, gustoume a pequena reflexión entre o Celitinha e o Athletic... a ver se melhora a sorte e nos volvemos a atopar en primeira :)

Ana...aínda que pases séculos sen vir por aqui....sabes que sempre serás benvida. Temos pendiente unha sesión fotográfica!!!!

xenevra dijo...

Chego nun bo momento, no inicio dunha espiral na que, polo que vexo, seguen presentes as letras que van cruzando os círculos á túa beira, como Virxilio ao coidado de Dante ;)

(o que me fastidia é non poder opinar do cambio do blog, buáaaass)

paideleo dijo...

Fumar, mudarse, cambiar de choio...tés razón en que a vida máis que círculo é unha espiral.
Boa sorte nesta volta de espiral que che tocou vivir !.

Cuspedepita dijo...

Pois nada ruliña, que comeces con bo pé esta nova espiral...
O bo que ten medrar é que as espirais cada vez teñen maior amplitude...
Ahhh, e tócache parar de fumar desta volta !

Bicos

Seymour dijo...

Non é doado ver o nacemento dunha nova espiral, tenden a confundirse coas anteriores. Mais, parece que esta vez cheguei a tempo.
Grazas por tender un cable da espiral para que me achegase aquí.

vintxuca dijo...

Xenevra e Seymour grazas por unirvos a esta aventura, quedades fichadas para futuras landainas...!!!!!
Paideleo e Cuspedepita, Grazas polos ánimos...esta nova espiral que xurdiu da nada vouna tomar con forza, valentía e bo humor.

Galega Na Varanda dijo...

Canto tempo sen pasar por aquí! Alégrome de que empeces unha nova espiral. As novas espirais son divertidas, dígocho eu que estou no medio de unha (de só 6 meses, mas como din aquí en Portugal "pronto, é assim que tem de ser". Agora á miña só lle falta o corte de pelo (hai mais dun ano que ando cunhas greñas que meten medo!!).

Beijinhos desde o Porto!

vintxuca dijo...

Grazas galega na varanda por pasarte....aínda que xa faga tempo jejeee....feliz espiral para ti tamén...disfruta de O Porto que é un dos meus lugares preferidos de Portugal xunto con Lisboa. E anímate co corte de pelo, que iso rexuvenece e sinta de marabilla....beijinhos e anímate a publicar algunha foto no blogue da túa estancia polos Portugales.

Paz Zeltia dijo...

case me da envexa o teu inicio de espiral... mais que nada porque, como dí cuspedepita, as voltas das espirais cada vez sonche máis grandes,
e custa definir onde acaba unha e empeza a outra,
e a túa, dende a miña perspectiva ainda é miudiña,
que ben! cantas espirais por empezar!
disfruta desta!
cheguei aquí dende o blog de xenevra, e espero que mañán na presentación do libro de prolingua, na que estaremos as duas sen saber unha da outra,
estea a sá abarrotada!!!!

vintxuca dijo...

Grazas Zeltia polo teu comentario, eu tamén espero que manhá a presentación do libro de prolingua sexa un éxito. Pasarei polo teu blogue que xa quedas fichada, unha aperta!!!

Paz Zeltia dijo...

oiches, xoubiña,
así que saiches na miña fotografía,
e eu non sei quen raio es!

vin unha moza que andaba por alí facendo fotos, e pensei se serías tí, (lembreime)

tí a mín non me verías, pero escoitar poida que sí,
fun a señora que falou ó remate da presentación,
cando se iniciou coloquio,
a primeira de todos! (si, ésa que se emocionou...)
e que lle tiveron que vir ensinar onde estaba o micro, jajaja, que vergoña!
estes asentos tan modernos con micros camuflados!!!

Anónimo dijo...

"Quedei sen choio, sen mozo, sen piso. Voltei fumar". Fixéchesme rir a cachón, oes... ;))

Véseche ánimo. Que veñan espiráis!! Ben mirado son o cerne da vida.

Gostei moito das fotos, pero esta é unha marabilla. Ando a me preguntar se levabas contigo o coche dos bombeiros...;)

Un saúdo

vintxuca dijo...

Grazas setesoles benvido!!!!! unha aperta.

Greca dijo...

O que teñen as espirais e que empezan facendo círculos pequeniños e vanse facendo máis e máis grande e aí dentro, nesas curvas cada vez maiores, cabemos moitos enguedellados. Va que si?