25 abril, 2008

25 DE ABRIL, SEMPRE!!!!

O son de "grandola vila morena" comenzaba o fin da dictadura portuguesa no ano 1974.

Foi emitida no programa "Limite" de Radio Renascença as 0.20h do día 25 e foi a señal para o arranque das tropas de Lisboa e a confirmación de que a revolución estaba ganada.
Compuxoa José Afonso como homenaxe a "Sociedade Musical Fraternidade Operaria Grandolense"
e aqui a tedes, disfrutadea!

Grândola, vila morenaTerra da fraternidade,O povo é quem mais ordenaDentro de ti, ó cidade.
Dentro de ti, ó cidadeO povo é quem mais ordena,Terra da fraternidadeGrândola, vila morena.
Em cada esquina um amigoEm cada rosto igualdade,Grândola, vila morenaTerra da fraternidade.
Terra da fraternidadeGrândola, vila morenaEm cada rosto igualdadeO povo é quem mais ordena.
À sombra duma azinheiraQue já não sabia a idadeJurei ter por companheiraGrândola a tua vontade.
Grândola a tua vontadeJurei ter por companheira,À sombra duma azinheiraQue já não sabia a idade.

Adicada especialmente o meu amigo Yago que en todas as festas amenizanos con esta canción.

23 abril, 2008

OS SANTOS

OS SANTOS
Coñecín a dous de eles no mellor momento das nosas vidas, cando non tiñamos que traballar, nin cociñar e tiñamos todo feito, claro que tiñamos 4 anos.
Estes rapaces non deixan de sorprenderme cas suas actuacións, a última a que asistín foi mortal salvo por un pequeno problema o final do concerto cando se dispoñían a tocar os bises. O cantante saltou o chan ca guitarra e arrastrou con el o cable, o ampli, e case parte do escenario mentres os fans aplaudíamos como tolos (como o que somos).
En fin, Voltade pronto a Coruña que os vellos amigos botan de menos o espectáculo.

COUSAS BOAS QUE NOS DEIXARON O DOMINGO

O Athletic goleou 5-1 en San Mamés oValencia, con dous goles de Llorente, un de Iraola, outro de Javi Martínez e outro de Aduriz, que deron a tan merecida victoria roxiblanca. O Athletic situase xa a nove puntos do descenso a falta de cinco partidos para finalizar a Liga. O que pasou o outro día contra o depor xa está superado!!!

Faltan 9 días para o cumple da Chena.

O 20 de abril foi o día da terra polo que convocouse para o día 22 unha manifa frente o cambio climático en Mérida, na porta do Teatro Romano, non nos queda moi a man pero solidarizámonos con vos.

Os Celtas Cortos tiñan unha cancion que era 20 de abril ainda que era do 90.

A CHIKILIGA:
chikiliga
Atención a la Chikiliga, pues ahora Buenafuente se ha inventado una competición para ver que empresas bailan mejor el chiki chiki. ¡Puede ser todo un espectáculo!
Mandadnos vuestro video a chikiliga@buenafuente.tv. El mundo empresarial no puede quedar al margen del fenómeno del año. Trabajar y perrear, es posible. ...
As miñas compañeiras de traballo queren que a miña empresa participe, é normal o papanatas do "director comercial" mais que perrea perrea, pasea pasea, de aquí a cafetería, da cafetería para aquí.... saudiños das tuas compañeiras.

O DÍA DO LIBRO

Hoxe é o día do libro, por esa razón vou a falarvos dos meus dous libros favoritos.
O primeiro é de literatura xuvenil, chámase "Cuando Hitler robó el conejo rosa" devoreino con doce anos e recoméndollo a todos aqueles que non o leeron. A autora é J.Kerr.
O segundo é "La mujer habitada" de Gioconda Belli.
Cando era pequena o día do libro era unha festa no cole, o salón de actos enchíase de libros e en cada mesa había debuxos e murais que facíamos cada curso. Entre que pintábamos os murais, recortábamos, e colocábamos todo, xa pasaba o día enteiro sen "tocar un libro" (dos de texto, claro está, porque dos outros tiñas ante ti un universo de aventuras, historias e as mil maravillas)
¿Que dous libros levarías ti a unha isla deserta?