Eu son "melancólica de serie" así que adoro os videos caseiros, as fotos de cando era nena, conservo a colección de contos de "Pepa e Misi" coa que aprendín a ler, os comics de Zipi Zape, algún que outro de Willy Fog e incluso o "Libro gordo de Petete" ou o de "Coli cuenta, cuenta tú" que era un libro que traía un paxariño de tela e ti metías o dedo no que era o paxariño azul e aparecía Coli no mar, no xardín, no circo... ensinándote a contar.
Outro que me encantaba era ""O Xigante máis alto do mundo" no que cada vez que anoitecía, no luscofusco, o sol, agochábase no peto do xigante máis alto do mundo, ata á mañá seguinte.
"Porque os animais não devem vestir" Foi o meu primeiro conto en portugés, tiña uns debuxos preciosos.
Conservo os meus diarios (o que máis gracia me fai é o de cando tiña seis anos e relataba o meu supermundo basado en spaguetti, fanta de laranxa e xelado de chiculate e mora)
Pero eu tiña un buraquiño dentro de min, unha pequena tristeza, por perder o meu libro preferido, un libro que recitaba de memoria cando aínda non sabía ler... "Cada vez que Lucas pasaba por delante del árbol de Virginia, ella le decía: Te voy a dar una paliza....Y SE LA DABA."
Agarrábame uns cabreos ca miña avoa tremendos, porque ela inventaba as historias mirando os debuxos e eu sabía que "Lucas y Virginia" non era así como ela o contaba.
Busqueino ata no faiado da casa dos meus avós pero nunca apareceu.
Pero... internet é grande. Por iso, a pesar de estar descatalogado, atopeino na librería Gehlbh en Deltona, FL U.S.A.
Cóstame 3.85€ máis os gastos de envío e outras caralladas, sobre 17€, pero merecerá a pena, só por volver a mirar con olliños de nena, como a pícara de Virxinia lle mete unha malleira a Lucas o aparvado.
Así que estou abraiada e feliz.
Esta é a portada, por agora tedes que conformarvos, non conseguín un archivo máis grande.
16 enero, 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
10 comentarios:
Iso si que é violencia de xénero!!!
Pobre Lucas!!!
Foi de Virxinia de quen aprendiches a ser unha nena terrible?
Sempre estiveches de parte de Virxinia e nunca pensaches en min co dura e dificil que era a miña vida. sempre facendo recados sempre con fame e nunca podia comer a sandia.
Pero que coño fai esa nena subida a unha arbore a todas horas? e que non ten casa? POR DIOSSSSSSSSS!
Cantas veces me gustaría a mín topar eses recordos do pasado. Algúns aínda os topei no fallado, pero a maioría duberon tirarse ou queimarse.
Por 17 Euros vale a paena recuperalo.
en casa de mis padres aún tengo un libro, que se llama "Cosas y casos", que se dividía en 4 secciones: cuerpo humano, planeta Tierra, animales y animales prehistóricos. Aprendí miles de cosas con ese libro! Está todo ajado y varias hojas a punto de caerse, pero es sagrado! no se tira, ni se presta, ni sale de casa ni nada! Si desapareciera, a mi hermana y a mi nos daría un ataque! Y es que hay libros que merece la pena conservar, así que enhorabuena por tu adquisición!
Lucas, delatácheste, xa sei quen eres....quen podía saber o da sandía...cambiaches de sexo???
sempre tá bem regressar ao mundo da magia infantil.
beijos
Da gusto volver a infancia,eh! Eu merquei fai pouco uns tomos do Capitán Trueno para releer outra vez as aventuras das que tanto disfrutaba cando neno.
Apertas.
jajajaja!!!! que bo!
Publicar un comentario