27 enero, 2009

LUCAS E VIRXINIA XA ESTÁN NA CASA

Como vos contei fai uns días, pedín este libro por internet, mirade que rapidez... XA O TEÑO NA CASA!!!!

22 enero, 2009

UN MEME CON PREMIO


Esta tarde tiven unha grata sorpresa de http://areasfs.blogspot.com/2009/01/nerea-de-el-jardn-de.html, o blogue do meu recente amigo Carlos Sousa, DENDE AREAS CARA A PONTE.

A cousa é sinxela, o blogue mezclado-no agitado http://www.araquebelagua.com/2009/01/15/concurso-el-fuego/, propuxo unha especie de concurso.
O premio é o libro de Katherine Neville "El Fuego", firmado pola autora.
A data do sorteo é o comercial día dos namorados, o 14 de febreiro.
Os pasos a seguir son os seguintes:
1- Deixa un comentario na entrada orixinal do autor do sorteo. http://www.araquebelagua.com/2009/01/15/concurso-el-fuego/.
2- Publica este mesmo meme no teu blogue.
3- Escolle tres amigos blogueiros para que fagan o mesmo.
Os meus elexidos son:
- O bar de abaixo: Para agradecerlle á Greca por ese gran libro co que me agasallou por reis.
- Chiculate negro: Porque Gazania e o seu "marido armado de valor" son as miñas persoas preferidas de este mundo.
- Galega na varanda: Porque Ana foi unha das miñas primeiras amigas blogueiras e nunca lle din as grazas.
Sorte pra todos e todas.

21 enero, 2009

HAPPY BIRTHDAY TO YOU!!!!!!!!!!!!!!!


Tal día como hoxe, fai 25 anos, Tioxan despertábame na casa dos avós, almozaba conmigo e montábame no seu coche. Eu tiña catro anos e por aquel entonces estaba convencida de que Tioxan era mago, porque dicindo "abra cadabra pata de cabra", por teléfono, facía aparecer chocolatinas, nos caixóns do cuarto onde eu durmía, estando a moitísimos km de distancia.
Polo camiño contoume que a miña irmá Sabeliña, acababa de nacer e que tiñamos que mercarlle un chupete e un axóuxere para levarlle de agasallo.
Eu miraba cos ollos moi abertos polo cristal do coche, abraiada por todo o axetreo que había montado arredor de min esa mañá.
Entonces preguntei por que pasábamos tantas veces polo mesmo sitio, dando voltas sen parar.
O meu tío, cheo de razón dixo que eran cousas da maxia (xa no 84 era imposible aparcar preto do Modelo).
Cando chegamos, alí estaba a miña nai, metida na cama, no colo tiña dous ollos xigantes e un corpiño miudo.
Pasei toda a miña infancia guerreando ca bicha de ollos grandes e agora que marchou a Sheffield, polo seu "25th birthday" doume conta do moito que a boto de menos.

16 enero, 2009

ABRAIADA E FELIZ

Eu son "melancólica de serie" así que adoro os videos caseiros, as fotos de cando era nena, conservo a colección de contos de "Pepa e Misi" coa que aprendín a ler, os comics de Zipi Zape, algún que outro de Willy Fog e incluso o "Libro gordo de Petete" ou o de "Coli cuenta, cuenta tú" que era un libro que traía un paxariño de tela e ti metías o dedo no que era o paxariño azul e aparecía Coli no mar, no xardín, no circo... ensinándote a contar.

Outro que me encantaba era ""O Xigante máis alto do mundo" no que cada vez que anoitecía, no luscofusco, o sol, agochábase no peto do xigante máis alto do mundo, ata á mañá seguinte.

"Porque os animais não devem vestir" Foi o meu primeiro conto en portugés, tiña uns debuxos preciosos.

Conservo os meus diarios (o que máis gracia me fai é o de cando tiña seis anos e relataba o meu supermundo basado en spaguetti, fanta de laranxa e xelado de chiculate e mora)

Pero eu tiña un buraquiño dentro de min, unha pequena tristeza, por perder o meu libro preferido, un libro que recitaba de memoria cando aínda non sabía ler... "Cada vez que Lucas pasaba por delante del árbol de Virginia, ella le decía: Te voy a dar una paliza....Y SE LA DABA."

Agarrábame uns cabreos ca miña avoa tremendos, porque ela inventaba as historias mirando os debuxos e eu sabía que "Lucas y Virginia" non era así como ela o contaba.
Busqueino ata no faiado da casa dos meus avós pero nunca apareceu.


Pero... internet é grande. Por iso, a pesar de estar descatalogado, atopeino na librería Gehlbh en Deltona, FL U.S.A.
Cóstame 3.85€ máis os gastos de envío e outras caralladas, sobre 17€, pero merecerá a pena, só por volver a mirar con olliños de nena, como a pícara de Virxinia lle mete unha malleira a Lucas o aparvado.
Así que estou abraiada e feliz.
Esta é a portada, por agora tedes que conformarvos, non conseguín un archivo máis grande.

12 enero, 2009

OITO DE CADA DEZ TRABALLADORES UTILIZAmos O FACEBOOK EN HORARIO LABORAL


Moito mal fai a oficina, si señor.

09 enero, 2009

COUSAS...

Algún día imos ter que explicarlle a Bimba que non é unha persoa e que polo tanto non pode seguir comportándose como tal.
Súbese a cadeira que queda libre á hora do xantar e moi atenta olla o que acontece, o que facemos os demáis e pode botar así o tempo que considere necesario.
Moitas veces métese na cama, pero non se pon nos pés, non. Ela tápase toda, saca a cabeza para fóra e usa a alomofada para estar máis comoda como facemos todos. Cando estou eu durmindo métese ó meu carón mira pra min e ponse mirando para o mesmo lado, cando cambio de postura e dou a volta, bota unha ollada ó panorama e vírase ela tamén.
Pero imos ter que dicirllo xa, antes de que colla un bolso e un abrigo dos meus e marche tamén ela a traballar.... ou non...

07 enero, 2009

ATOPEI A MONA NO ROSCÓN DE REIS


Espero ter sorte este ano porque atopei a mona no roscón de reis, que non era unha mona, era unha vaca, pero é o mesmo... así que xa sabedes, este 2009 vai chegar cargadiño de boas noticias, e aínda que comenzo o ano cun regalo moi pouco apetecible (o día seis espertei con dor de gorxa e hoxe tragar é unha odisea) estou optimista, así que, xa sabedes... comenzade a encher a caixa de comentarios con boas novas.

Bikos a todos.