30 junio, 2008

FELICIDADES CARMEN


SUPER CARMEN ESTÁ DE CUMPLE!!! Felicidades guapérrima!!!
Esta semana busca un "güequezito" para Maruchi y para mi que tenemos que aplastarte con un abrazo, Bikos disfruta viejuna.

27 junio, 2008

EN QUE NARICES ESTADES A PENSAR...

Onte voltaba da casa dos meus pais, para a miña casa na Coruña, o sair da autoestrada e xa chegando o centro, avistei unha marabunta de xente, facendo barullo, na praza de Catro camiños, en concreto na famosa fonte onde o Deportivo celebra as súas victorias (últimamente non moi a menudo). Vacorinho que ía conducindo o meu coche, farfullou algo entre dentes (queixabaste de que non saías moito no blog, pois sinto dicirche que falas "pa dentro" e costa entender o que dís).

Estaban celebrando o 0-3 de España-Rusia, xa que acababa de rematar o partido.

Pois ben, Vacorinho, rosmaba algo como "que busquen outra fonte, esa e a nosa fonte, a fonte do Depor"

Soltei unha risa e fiquei con cara de abraiada. Eu son a primeira que aborrece toda esa "feira" que se montou co "podemos" dichoso, e que non atura ese sentimento patriótico que lle entra a xente cada vez que hai unha Eurocopa, un mundial, uns Xogos olímpicos ou incluso unha lamentable Eurovisión.

E precisamente porque son galega pregunto a cerca do Deportivo... ¿que clase de equipo é ese do que tanto presumides?, ¿Cantos xogadores galegos hai? Coloccini, Bodipo, Filipe Luis, Taborda, e un longuiiiisimo etc....galegos de pura cepa, penso que son do pobo de Lendoiro.


¿E que coño protestades porque os españois van a mollarse a vosa fonte?

Que se mollen, e que afoguen se queren, en Catro camiños, nas Pajaritas ou na praia do Orzán..

25 junio, 2008

UN TESORO

Yo nací en 1979.
El año en el que se vendió la primera Barbie en España y que Sony saca su primer Walkman.

En TV se estrenan series como "Dallas", "Los ángeles de Charlie" y la famosa familia "Los Roper" entra en nuestras vidas.

En el cine Woody Allen estrena "Manhattan"
También se inagura A Real Academia da Lingua Galega.
En el año en que nací este cartel de Barriguitas, era publicidad supermoderna.

He encontrado esta pagina que es un tesoro.

http://www.teacuerdas.com/

Pincha aquí para ver lo que sucedió cuando naciste y después me comentas que cosas interesantes pasaron en tu año.

23 junio, 2008

A NOITE DE SAN XOÁN

Cachela de San Xoán, debuxo feito por Castelao

O día de San Xoán é o día máis longo do verán, e a noite é a máis máxica do ano, (é o chamado solsticio de verán)
O domingo apañei ca miña nai as famosas herbas de San Xoán.
Para facer un feixe como é debido é necesario:

- Herba Luisa (verbena olorosa): Recolliana as mozas casadeiras a partir das doce da noite, é por eso que o nome de verbena extendeuse a todas as celebracións nocturnas, usabase para facer ritos e conxuros amorosos, a Herba Luisa ten propiedades dixestivas.
- Margarida de San Xoán: Limpa a cara de grans e cicatrices.
- Romeu: Din que é unha pranta máxica, que serve para depurar e protexer, din que ulir a súa madeira conserva a xuventude, que é tónico e fai medrar o pelo, antes queimabase cando había enfermos na casa.
- Fiuncho: Protexe do mal de ollo, axuda a ter boa saude e para manter lonxe as carrachas hai que levar unha ramiña no zapato esquerdo. Usase para lavar os ollos.
- Bieiteiro (as flores chámanse tamén luvas da bruxa ou luvas de fada) Espanta os sapos e as serpes, e quita a tos.
- Pasiflora: é relaxante.
- Roseira: é boa para a pel.
- Estalotes: Pendurabanse nas portas para espantar as meigas.
- Malva: Serve fundamentalmente para as picaduras
Tamén pode botarse codeso ou xesta, nogueira, trovisco, carballo...

Este feixe hai que deixalo toda a noite en auga de sete fontes, ó sereno, para que colla o orballo da noite de San Xoán, e poder espantar as meigas, o mal de ollo, e o máis importante, para estar guapa/o todo o ano. Esta auga, na que estiveron a remollo as herbas, tén propiedades manciñeiras, máxicas e ademáis libra das envexas. O malo é que tamén as bruxas fan usanza da auga destas fontes. Miden e reparten a auga de cada veciño, e cando queren facer mal a un deles, botanlle auga polo lombo.

Pero non son so as bruxas as que din que andan soltas nesta noite milagreira, senon tamén os encantos, moitos dos cales non se deixan ver máis que no mencer de San Xoán .Por eso ten coidado cando volvas de retirada, non teñas medo dos espiritos que podes atopar polo camiño.

Se as mozas meten certas herbas debaixo do cabezal poden ver en soños ó home con que van casar. Pódese saber a sorte dun ausente colgando no leito herbas de San Xoan e vendo pró outro día si están verdes ou si secaron.
A tona que deixan as herbas e flores de San Xoan na auga é un dos
misterios máis extranos e máis poéticos da noite de San Xoán.
A flor da auga é a que se colle ó raiar o sol a ras da fonte, como si fora a tona, e moitas cantigas populares din, que foi traida por un paxaro no peteiro.

Para limpármonos dos conxuros, cómpre saltar un número impar de veces (pero nin 1 nin 3) por riba da rachoeira, cada vez dun lado. Aos nenos pásanos dos brazos da madriña ao padriño.

Por suposto temos que comer moitas sardiñas e cachelos, e disfrutar da noite, ainda que sen pasarse, que mañá hai que traballar, eso si, vou a ir ben fresquiña pola mañá, ca cara ben lavadiña con auga e herbas, como sempre, dende nena, que xa a miña nai nos lavaba a miña irmá e máis a min, nada mais erguernos. Eso si, vai a ser auga do grifo, que é a que teño, porque o das sete fontes pareceme algo complicado, eso si, como arrecende toda a casa... ASÍ DA GUSTO.

O DÍA DA MÚSICA


O sábado asistín, (por fin xa rematou) o día da música en Santiago De Compostela, cas actuacións de todos os grandes (devecía por velos) ...

Primeiro, actuaron Som Do Galpom, non chegamos a tempo, e Fanny e Alexander, dos que escoitei o final.
Despois comezaron, como lle entendín a un rapaz que tiña o lado, que parecía estar moi posto no asunto "os pratos fortes"

De primeiro Quique González: Non vou a facer comentarios, a cerca da música de este rapaz, so dicir que menos mal que fun ceada, comín un bocata alí o lado de Área central... rico, rico non era pero... defendiase.

Continuaba, o meu amigo Xoel, con Deluxe: A súa actuación segundo se queixaban os fanáticos, foi curta, e non tocaron non sei que cantiga super importante.. eso si, postureo total, e un plaxio moi mal feito, quen lles dera, (nin de lonxe) de querer asemellarse a "The Who" cuns acordes de Baba O’Riley. Foi todo moi no seu puro estilo "Córtate las venas" En fin...

Despois chegou Iván Ferreiro (ex cantante do grupo, "Los Piratas"), acompañado do seu irmán Amaro Ferreiro, e do resto da banda, bueno.... foi bastante aburrido, a música que fixo en solitario sobre todo, pero poderiase dicir que medio o salvaron as tres únicas cantigas dos Piratas que a xente coñecía, e que deixou para case o final.

De todos modos, esa dor de pes e de cabeza que tiña, mereceu a pena por ver a un dos grandes, so cantou dous temas, pero "lo breve, si breve..." o primeiro foi "Hijoputa" e o segundo, que causou unha grande ovación "Vivo con tu Madre".
Falamos do chanante Joaquin Reyes, que nada máis sair o escenario deixou abraiada a toda a muchachada, presentando a todos os lamentables dos que xa falamos, mentres os mais freakis berraban "Enjuto mojamuto"

Grazas a todos pola súa atención. Tricia Takanawa, retransmitindo dende o Multiusos do Sar, Santiago de Compostela. E quedades avisados, NUNCA MAIS!!!!!

Aquí tedes o que está pasando no post de "O día da música" no blog de Vacorinho, Malas músicas, enlazáde e curritxeade.
http://malasmusicas.wordpress.com/2008/05/29/dia-da-musica-compostela/#comment-137

20 junio, 2008

"OPÁ, YO VOY CON PORTUGÁ"

Chega o verán, rematan os programas e as series que nos acopañaron no inverno, e nos despiden ata a próxima tempada.
Empeza a Eurocopa, e os programas que non marchan de vacacións cambian os seus títulos e añaden o típico "de verano" como "corazón corazón" que se transforma en "corazón de verano", ou transformaba porque non sei sequera se segue existindo.
O caso é que non hai nada que ver pola televisión que sexa de proveito, salvo excepcións, claro está:


Este foi o lema elexido por "El intermedio" o programa do Gran Wyoming e a súa tropa, na sexta, para facer da Eurocopa algo máis divertido do que acostuma ser.
Ademáis é de agradecer poder ver algo na tele que non sexa futbol, ou programas que comentan a Eurocopa, que o fin e o cabo, segues a ver máis do mesmo.
Este programa é ameno, e podes botar unhas risas co tira e afloxa que se trae Wyoming ca súa reporteira Thais Villas, ou ca rivalidade con Buenafuente, recíproca, por certo, xa teñen ata bromiñas entre eles.

Pero o que en realidade me deixou "fuertemente" consternada é saber que o xoves que ven, día 26, remata "O show dos Tonechos" e que ata setembro non os temos de volta "papá macho, que vou faser..."

Mentras esperamos a que volvan podemos, decidirnos por ver menos a tele e aproveitar para pasar mais tempo xuntos, facer un par de paparotadas, ir a praia, ou incluso facer unha escapada de fin de semana a... "Portugá"

18 junio, 2008

A GRECA ESTÁ DE VOLTA

Os grecos voltaron de Londres o xoves pasado, con unha morea de cousas que contarnos, así que os que seguimos case diariamente o blog "O bar de abaixo" xa podemos volver a disfrutar das aventuras da nosa Lois Lane particular.

As miñas viaxes ultimamente foron bastante axetreadas, cando voltei de Roma, sen ir mais lonxe, ETA acababa de rachar a tregua cun atentado na T4, polo tanto vivimos un desaloxo para a pista de aterrizaxe que parecía interminable.

No verán fumos a Tenerife, a casa do meu amigo Jes, marchei medio acatarrada e estiven case dous días sen escoitar nada e con dor de oidos por culpa da aterrizaxe, sen falar da cousa rara que nos saiu na pel, así foi como descubrimos a pachorrudez dos médicos de aqueles lugares, e dos dependientes, e dos taxistas, dos canarios en xeral...

O verán seguinte marchamos a Euskadi, unha viaxe preciosa en coche, ata Bilbao, Guernika, San Sebastian, Irún, pasando pola fronteira ata chegar a Francia e a volta, paramos en Gasteiz. Foi en pleno agosto, as nosas maletas iban cheas de sandalias e roupa de verán, e non parou de chover nos sete días. Tivemos que mercar botas para todos e uns impermeables de cores, que por certo eran xigantescos, e subirnos nun guiri-bus para ver Donostia, mais ben para intuilo.

En setembro marcha sapiño a Inglaterra a traballar un curso enteiro, e quero ir a vela, así que vou ter que facer un conxuro contra as meigas, sapos, bruxas e curuxas, e tomar unha queimadiña antes de coller o avión para non ter ningún contratempo.

17 junio, 2008

VOLDEMORT VS DELUXE

Voldemort es el enemigo principal de Harry Potter, que de acuerdo a una profecía tiene el poder de vencerlo. La comunidad mágica le teme tanto, que prefiere referirse a él como "Quien-Tú-Sabes", o "El-Que-No-Debe-Ser-Nombrado". Inclusive sus seguidores se refieren a él como "Señor Tenebroso" o el "Señor Oscuro".
Yo tengo mi propio Voldemort particular, Xoel López de "Deluxe"o "córtate las venas" o "El que no debe ser nombrado" (en mi presencia por lo menos).
Os preguntareis, por qué esta obsesión con este personajillo, tampoco eres fan de Sergio Dalma y no le escupes.
Pues bien, todo tiene su explicación, nunca me gustó Deluxe y por lo tanto, no prestaba el más mínimo interés con el tema, hasta que una especie de complot, una maldición o algo así, me envolvió de golpe.

Yo adoro la musica argentina. La Bersuit, Calamaro, Los Piojos, Les Luthiers, Babasónicos... Pués fue en un concierto de estos últimos cuando sucedió.
Me llevé a mi hermana y a un montón de amigos a ver a Adrián Dárgelos a Diego “Uma-T", al Playa Club con tan mala suerte que antes de Babasónicos tocaba Deluxe, y entonces todo el mundo fue arrastrado por ese ruido insoportable, el resto os lo podeis imaginar, bajarse todos los discos, después comprarse los originales, los Dvd con los conciertos, las fotos de Xoel y yo allí escuchando a todas horas eso de "los jovenes mueren antes de tiempo". "Madre de Xoel dale un Valium a tu hijo, alguien debería liberarlo de su agonía, existen medicinas como el Deprax, el Seroxat, Trankimazin, Prozac, Lexatin, Norpramin, Alprazolán, Tofranil, Pamelor, Effexor.... NO SÉ ALGOO.. porque sino acabaré tomándomelos todos yo".
Lo siguiente fue oir a todas horas lo atractivo que es el simio en si y que cuando tenga sobrinos van a llevar su nombre.
Pero lo peor fue el chantaje psicológico, si vienes al concierto, nosotros vamos contigo a ver lo que tú quieras, total entre una cosa y otra no sé cuantos ¿conciertos? ejem.... me tragué de este person.

Por cierto que Sergio Dalma no me gusta, pero me cae simpático el señor, es como Rafael, entrañable.

Pues bien todo esto viene porque el sábado toca mi Voldemort en la Sala Capitol de Santiago de Compostela, no me apetece un cuerno verlo, pero si quiero ver a otros grupos que tocan alli ese mismo día, como como Fanny+Alexander o Som do Galpom.

Así que espero que después de tremendo sacrificio, pueda disfrutar de vuestra compañía EL 03 DE JULIO, DE NUEVO EN LA CAPITOL, PARA VER A LA BERSUIT VERGARABAT.


15 junio, 2008

A MELLOR NOTICIA

Super-Antía ha aprobado la dichosa asignatura del Postgrado de dos años de Prevención de Riesgos Laborales, calidad y Medio Ambiente, que la traía por la calle de la amargura.
Solo me apetece pegar un grito tal que asi:

AAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAHHHHHHHHHHHHHHHHH
AAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAHHHHHHHHHHHHHHHH!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

12 junio, 2008

DECLARACIÓN ROMÁNTICA


Esta semana foi o último "Hormiguero" da temporada, e ainda que non me declare moi fan do programa, teño que recoñecer que por fin chegou o día que todos esperabamos, non podíamos perdelo nin por asomo, xa que Barrancas, convertiuse xa no primeiro peluche parlante, en declarar publicamente e por televisón, a sua homosexualidade. ¡oléeeee!!!!
Ahora que estamos sendo sinceros, Trancas, vai sendo hora de que contes o teu segredo, o da adicción a Enjuto Mojamuto...

11 junio, 2008

UN MUNDO AL REVÉS

YO PARA SER FELIZ QUIERO UN CAMIÓN




A Plataforma para a Defensa do Sector de Transporte de Mercadorías por Estrada convocou para a medianoite do día 06 de xuño unha folga debido ao encarecemento dos combustíbeis.

As súas reclamacións céntranse en defender unha norma que garanta un prezo estable do carburante.
Esta primeira folga comezou cun paro xeral indefinido en todo o Estado.

Hoxe lein que a folga está tendo escasa incidencia e seguimento en Galiza, sen embargo, esta mañá fun encher o depósito (cousa rara en min que boto 10,20 € de cada vez) e atopei duas das filas onde paran os coches para repostar, pechadas, cos típicos conos de cor vermella, e nas mangueiras uns plásticos con frases como "fora de servizo", "esgotado", ademáis nos supermercados xa non hai froita, así que o da escasa incidencia faime algo de gracia.

Concentración en Porto
Os camioneiros portugueses uníronse á oleada de protestas que están a ter lugar tanto en España como ao longo de Europa. Uns 400 camións e 300 empresas concentraronse en Porto, onde levaron a cabo unha marcha lenta contra os altos prezos do petróleo.

A verdade é que o precio da gasolina está desorbitado e o medo ao desabastecemento está a aumentar de xeito espectacular o número de clientes nas gasolineiras.


A AMPLIACIÓN DA XORNADA LABORAL



Foto de arquivo: De esquerda a dereita Marizó, Vintxu e Zai. A dereita de todo, "O riccis" (o noso jefe) dicindo "monto un circo y me crecen los enanos"

Outra noticia recente que me ten preocupada é a da ampliación da xornada laboral.

Os Ministros de Traballo da UE, reunidos nun consello extraordinario en Bruxelas, non alcanzaron un acordo para desbloquear a reforma da normativa que regula a semana laboral, xa que cinco países (España, Francia, Italia, Grecia e Chipre) formaron unha minoría suficiente para bloquear a reforma.O principal obstáculo da reforma é unha cláusula que permite superar as 48 horas a través dun acordo entre o empresario e o traballador. Para desbloquear a modificación da Directiva, Finlandia presentou unha proposta que mantiña a semana laboral de 48 horas con excepcións, que permitirán alcanzar ata as 60 horas. (O que nos faltaba).
De aprobarse a reforma que están a negociar os ministros de Traballo dos Estados membros, a quenda laboral dos traballadores veríase ampliada até 65 horas semanais. Previsibelmente, a reforma sairá adiante logo de que algúns países que se opuñan a medida, como Italia, Francia ou Portugal, cambiasen de postura.

O mais forte de todo é que eliminaríase calquer acordo cos sindicatos para poder flexibilizar esa cifra nalgúns casos (surrealista)

Que máis... remataremos todos uniformados como os presos pasando a noite no traballo, que é o que nos falta despois de estar alí metidos todo o día.

EL HOMBRE VIENE DE LA PATATA




En fin Serafín, seguindo a misma liña de noticias que ata agora, mañá contareivos o caso dunha pataca de Arizona que criou a unha familia enteira de vexetarianos que non tiñan raices, a pataca chamabase Jennifer-Cecilia e proviña dunha especie en perigo de extinción (los mineros de Arkansas, que tiña a sua sede na sua capital, Little Rock, a cal posteriormente pasouse a Luisiana, Estado co que limita).

Jennifer-Cecilia, foi unha heroína por ser capaz de sacar a flote a 5 fillos, un pai, unha nai, e tres cuñados fuertemente desfavorecidos, e por eso debemos estar agradecidos, e non volver a comer puré de pataca, e moito menos pataca fretida (eso sería ensañarse).
Así que xa sabedes, enchede os depósitos dos vosos coches, facede horas extras, pero nunca comades patacas. Que xa o dicía a Trinca. "Vaya con el Darwin tanto dar la lata, si el hombre viene de la patata"






06 junio, 2008

PARECIDOS RAZOABLES

SABELIÑA VS JENNIFER LOVE HEWITT










Aproveitando o post de "parecidos razoables" que saiu o ano pasado en malas ideas con esta foto de sabeliña, decidín continualo, xa que ultimamente teño unha época na que vexo xente repetida.

Fai un par de días sain de noite cas miñas compañeiras de traballo e atopamos "al loco de las coles", a "Mr Bean", a "Botones sacarino"... así que aquí vai, espero que vos guste.


RUIZ GALLARDÓN VS O PEREZOSO DE ICE AGE
Serían moito mais parecidos se Gallardón non estivese tan serio, pero non sabedes o dificil que é atopar unha foto deste home na que non teña cara de suela de zapato.






HUGO CHAVEZ VS PACO DE PERBES
Esto si que mete medo!!!!!












EL ANTÓN VS MICHAEL JACKSON EN THRILLER
Que escándalo, que cousa mais cutre.Alguén pode explicarme porque Michael ten as orellas brancas...













O MEU TIO MANUEL VS BEIRAS VS CANTANTE DE CORCUBIÓN
Non sabería decir cal é cada un.











O AMENEIRO VS BEETLE JUICE
É impresionante o parecido, tendo en conta que o pelo de Ame e 100x100 natural.








A CLARIS VS JENNIFER ANISTON
Que pouco orixinais foron meus pais, Jennifer Vintxu puxéronlle a maior, Jennifer Love a segunda e Jennifer Aniston a mais nova, pois si, a miña irmá pequena 2, cuspidiña a Reachel Green, un pouco mais oscura de pelo pero no resto... comprobao ti mesm@.





Outro parecido asombroso:








JIMENA VS BELÉN REGUEIRA
A nosa madrileña preferida asemellase a Belén Regueira a presentadora do programa de TVG "O pais dos ananos"


E por último pero non por iso menos importante o noso "cuspidiños" estrela, tedes que botarlle un pouco de imaxinación e pensar en eles bailando, senon non lle ides atopar moito xeito, movendo o esqueleto son como duas pingas de auga, os mesmos movementos, os mesmos xestos,o mesmo ritmo....

PRIMA HOLA VS AUSTIN POWERS










O BOOK DE VINTXU


Aquí o tedes enteiro, se queredes que poña mais fotos, so tedes que mandarmas: unha foto vosa (Mary e David) en Londres, Yaguiño unha túa na que saias mais favorecido que na de carapuchiña, etc...

02 junio, 2008

¿ONDE ESTÁ ALBORNOZ?

PREMEDE NA IMAXE PARA IR NA PROCURA DOS MEUS AMIGOS.